domingo, setembro 12, 2004

Receita "quase infalível" para incentivar a leitura

Marina Mayoral, numa coluna hoje publicada em La Voz de Galicia:
"Ao comenzo do curso escolar chegan por diversas vías peticións de consellos sobre como conseguir que nenos e rapaces lean máis. Eu, modestia fora, coido que teño unha fórmula case infalible para despertar e fomentar o gusto da lectura. A cousa é tan sinxela como contarlles contos cando son pequenos. Agora ben, esto de contar contos ten a súa cerimonia. Para empezar hai que limitar o horario nocturno de televisión e estar dispostos a acompañar ós nenos na súa habitación, xa metidos na cama, de vinte minutos a media horiña. Nese tempo un dos proxenitores -recoméndase o pai para que non pareza que eso de contar contos é cousa de mulleres, xa saben, cousa de pouca monta- léelle ós nenos un relato, ou mellor aínda, cóntallo, despois de telo el previamente lido. Así estará preparado para responder ós comentarios e preguntas dos críos, que ás veces son comprometidas. (...)".
(O texto continua aqui).

Sem comentários: